Reinicia III

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Reinicia III

O obradoiro de emprego cunha duración de 6 meses vense desenvolvendo dende o día 1 de setembro conxuntamente cos concellos de Fene, Ares, Mugardos, Neda e Cabanas. Son un total de  20 participantes (10 por cada especialidade), sendo 8 alumnos/as traballadores/as de Fene.
En Ares o alumnado da especialidade de actividades auxiliares de xardinaría está realizando labores de limpeza e plantación de árbores no Mosteiro de Santa Catalina.
En Mugardos o alumnado da especialidade de operacións auxiliares de albanelería realizará melloras nas beirarrúas e na urbanización O Baño.