CONCELLERÍA DE SERVIZOS
Viaqua executa a sentenza xudicial
08-10-2016
Esta actuación realizarase en tres fases, na primeira transvasarase os dous primeiros metros de auga decantada da EDAR de maniños ata a EDAR de Punta Avarenta, onde será tratada mediante un proceso biolóxico ata que cumpra coas condicións de vertido establecidas na lexislación vixente.
Tras o remate desta primeira fase, realizaranse as análises das lamas alí depositadas, e unha vez obtidos os resultados das análises e por medio de un camión CIS ( camión impulsor succionador ) procederase o transvase das lamas con un maior contido de humidade ata un centro de transferencia onde se procederá a súa deshidratación para o seu posterior envío a un centro autorizado de xestor de residuos
A terceira e última fase do proceso de baleirado da EDAR de Maniños consistirá na extracción das lamas e areas con menor grao de humidade ata o centro xestor correspondente. Este transporte farase mediante contenedores estancos cargados cunha culler bivalva que extraerá directamente as lamas do vaso da EDAR.