CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Comezan as escolas e obradoiros culturais do Concello de Fene
10-10-2016
As Escolas e Obradoiros que entrarán en funcionamento, por acadar a matriculación mínima esixida, son as que se relacionan aquí .A incorporación do alumnado a estas actividades efectuarase no día da semana, hora e instalación fixada para cada escola ou obradoiro. O alumnado da escola de piano incorporarase no día e hora escollido e confirmado no momento de efectuar a matriculación.
O alumnado de solfexo hase incorporar en función do día e hora asignado para cada nivel:
- Nivel I. Solfexo iniciación (alumnos/as de 5 a 9 anos de idade que comezaron na actividade no curso escolar 2015/2016 ou de nova matriculación, luns 17/10 ás 17:00 h.
- Nivel II. Solfexo avanzado (alumnos/as a partir de 9 anos que xa estiveron matriculados/as en cursos anteriores e/ou que teñen algún coñecemento musical), martes 18/10 ás 18:00 h.
- Nivel III. Solfexo. Alumnos/as que levan na escola un mínimo de 2 cursos. De 12 anos en diante. Xoves 20/10 ás 18:00 h.