O alumnado dos centros escolares de Fene traballará a educación emocional e as intelixencias múltiples

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

O alumnado dos centros escolares de Fene traballará a educación emocional e as intelixencias múltiples

O prazo de matricula está aberto ata o día 13 de outubro, as persoas interesadas deben de entregar da ficha de inscrición nos centros educativos.
As sesións desenvolveranse nos centros escolares e están dirixidas a alumnado e ás familias. O programa arrincará o día 17 de outubro.
QUE É DESCUBRO COMO APRENDO ? (Primaria).
  • O programa vai dirixido ao alumnado que está cursando educación primaria.
Consiste en traballar a educación emocional, mediante a realización de sesións semanais nas que se realizaran xogos e actividades que lles permitan ser máis conscientes das súas emocións e das das demais persoas e manexalas de forma máis positiva. Ademais, traballarase a atención plena e a relaxación, así como a autoxeración de emocións positivas que nos axuden a motivarnos.
Sabemos que si a experiencia de aprendizaxe é agradable para o alumnado, eles/as lograrán aprendizaxes significativas. Pola contra, se isto non se da propiciarán procesos emocionais negativos que xerarán unha conduta de fuxida cara á materia que se trata de ensinar e, por suposto, diminuirá a súa motivación.
QUE É ENFOCA? (Secundaria)
  • O programa vai dirixido ao alumnado que está cursando educación secundaria
Consiste en traballar As intelixencias múltiples, construiremos co alumnado un mapa das súas intelixencias o cal permite poder detectar os seus puntos fortes, os seus gustos e o seu estilo de aprendizaxe. Ensinaránselles así ferramentas adaptadas ás súas capacidades e intereses para que as poidan poñer en práctica no seu proceso de aprendizaxe.
No caso de primaria isto farase coas propias familias.
Si se mellora a atención e a memoria e tamén se despexa a mente da impulsividade e a angustia, a mente do rapaz/a sitúase no mellor terreo para o aprendizaxe.
Non todos/as temos as mesmas capacidades e aprendemos de maneira distinta, así, canto mellor coñezamos as nosas intelixencias máis eficaces seremos na nosa aprendizaxe e máis motivados/as estaremos.
CANTO DURA? Os dous programas teñen unha duración de outubro a decembro, 8 sesións.
Os programas ofértase en todos os centros escolares, aínda que si non se reúne un número mínimo de participantes (10) se agruparan as persoas inscritas no grupo maioritario.
Actividades enmarcadas no proxecto de peques a maiores: compartindo espazos, subvencionado pola Deputación da Coruña.
 
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal