Inscríbete en Mocidade Activa

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Inscríbete en Mocidade Activa

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, no que se enmarcan o programa de MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Educar á xuventude pasa por EMPODERAR á rapazada, facendoos máis libre e máis críticos co mundo que os rodea. Porque queremos xoves fortes e seguros/as de si mesmos/as, con valores e ideais, pero para iso necesitamos que atopen as respostas ás súas preguntas, que afonden nos seus talentos, que reflexionen e plasmen as súas inquedanzas, e sobre todo que se FAGAN VER.
Mocidade Activa ten como finalidade reflexionar e sensibilizar sobre o consumo de sustancias e outra adicións., por medio de actividades e creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión. Retomando clásicos como a Radio e os Experimentos a pé de rúa. Mesturando o vello co novo, sen esquecernos de lanzar temáticas que provocan aprendizaxes
Para quen vai dirixido?
Para xente nova de 14 a 17 anos das localidades de Fene, Mugardos e Neda.
Ao longo destas semanas se está facendo a presentación do porgrama nos cedntros escolares nos cursos de 3º e 4º da ESO
Cal é a duración e estructura das sesión?
Duración do programa: De Outubro a Maio.
Nº máximo de grupos: 3 (Fene, Mugardos e Neda) 20 participantes por grupo que se cubriran por orde de inscrición.
Nº de actividades ofertadas: 2 (segundo demanda)
As sesións teñen unha duración de 1,5 h e se realizaran en periodo non lectivo, venres pola tarde ou sábado de mañá. ( Se concretará en cada concello )
Inicio da actividade 4 de novembro.
Para inscribirse…
Cubrir ficha de inscrición no centro educativo. O prazo de inscripción remata o 19 de Outubro.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal