24 de outubro, Día da Biblioteca

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

24 de outubro, Día da Biblioteca

"Que sería do gato con botas sen as botas, de Cincenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro... Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?"
Actividade dirixida a nenos/as de 4 a 12 años, a partir das 18.00 horas.
Entrada de balde até completar aforo.
Co motivo da celebración desta data, imos poñer a disposición de todos/as os/as usuarios/as unha Mesa de intercambio de libros. 
Trátase dunha mesa moi especial na que atoparemos libros de todo tipo esperando a ser lidos por alguén. Non hai que pasar polo mostrador de préstamo, nin pagar, nin pedir permiso, nin nada; estarán alí para toda a xente interesada en collelos.
Unha vez que o usuario/a colla o libro da mesa poderá devolvelo na dita mesa ou non, podendo conservalo se lle apetece. Ao mesmo tempo, poderase deixar tamén algún libro que se teña na casa e que xa non se necesite ou que lles gustaría compartir con outra xente.
O obxectivo deste servizo é fomentar a cultura e o hábito lector, pero tamén dar aos libros unha segunda oportunidade.
Qué vos parece? Viredes celebrar o Día da Biblioteca con nós?