Cambio na organización do Goberno Municipal

ALCALDÍA

Cambio na organización do Goberno Municipal

Ademais establécense ás seguintes Tenencias de Alcaldía: 1ª Tenente de Alcalde: Alejandra Permuy Meizoso
2ª Tenente de Alcalde: Mª Carmen Martínez Rodríguez
3º Tenente de Alcalde: Justo Martínez Ardá
4ª Tenente de Alcalde: Mª Manuela Aguilar Prieto
Modifícase a subárea de Servizos dentro da área de Organización e seguridade, quedando como segue:
  • Servizos: comprende a xestión dos servizos básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas e infraestruturas urbanas (mobiliario urbano, redes de servizos…),mantemento e conservación de xardíns e zonas verdes, mantemento de edificios e instalación municipais e o control e seguimento das obras de xestión directa.
Modifícase a subárea de Medio Ambiente dentro da área de Desenvolvemento territorial e do medio, quedando como segue:
  • Medio ambiente: comprenderá a xestión de políticas municipais do medio ambiente, praias, ríos e ribeiras, deseño de novos espazos públicos, control de pragas, servizo de lacería, promoción da educación ambiental (redución do lixo, recollida selectiva, compostaxe…), mantemento e conservación de parques infantís e biosaudables e o Punto limpo.
Delégase a Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio ao concelleiro Justo Martínez Ardá.
Delégase a Área de Dinamización Social e Transparencia á concelleira Mª del Carmen Martínez Rodríguez
Confírese a delegación especial das subáreas de Cultura, Xuventude e Deportes ao concelleiro Justo Martínez Ardá( Área de dinamización social e transparencia)
Delegaselle a presidencia efectiva das seguintes Comisións Informativas Permanentes do Concello de Fene aos seguintes tenentes de alcalde:
-Á 2ª Tenente de alcalde, Mª Carmen Martínez Rodríguez, a presidencia da Comisión Informativa de Dinaminación Social e Transparencia.
-Ao 3ª Tenente de alcalde, Justo Martínez Ardá, a presidencia da Comisión Informativa de Desenvolvemento Territorial.
A área de Facenda seguirá nas mans do alcalde Juventigo Trigo Rey quen incorpora a delegación de Promoción económica.