CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, chofer condutor e peón-tractorista
25-10-2016
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarase conforme ó modelo que figura no anexo I e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no boletín oficial da provincia da Coruña.
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
– Copia do documento nacional de identidade, ou pasaporte.
– Copia do carné B ou C, segundo a praza.
– Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sétima. Os méritos profesionais deberán acreditarse coa copia dos contratos de traballo e co informe da vida laboral ou, no caso de Administracións Públicas, co certificado expedido polo fedatario público da Administración ou coa copia do contrato e/ou nomeamento e o informe de vida laboral.
– De ser o caso, copia do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.