Programa Actívate!........Impulsa o teu negocio!

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Programa Actívate!........Impulsa o teu negocio!

As persoas interesadas poderán inscribirse de forma presencial nas oficinas de desenvolvemento local en horario de 09.00 a 15.00  ou por correo nodesenvolvemento.local@fene.gal achegando a ficha de inscrición cuberta.
Os cursos ofertados para os negocios locais son:
 ·  AUTODESEÑO DE PLANS DE MELLORA COMERCIAL
Sesións grupais2 e 3 novembro
Sesións individuaisa acordar cos establecementos
Esta formación inclúe sesións grupais e sesións individuais con cada establecemento co obxectivo de realizar plans de mellora comercial.
A metodoloxía se basa nestes pilares:
· Proceso de reflexión para tomar conciencia da situación e marcar obxectivos
· Confianza: para lograr o cambio mediante as propias actuacións e para saber que pode facer o que se propoña.
· Responsabilidade vs victimismo: para que se comprometan e asuman o seu papel no proceso de cambio.
· Seguemento para que se poñan en práctica as accións.
Contidos da sesión grupal (4 horas)
· Análise da situación actual do establecemento
· Como identificar as áreas de mellora
o Atracción de visitantes
o Incremento do ticket medio
o Novos servizos
o Clima de traballo
o Imaxe comercial
o Atención ao cliente
· Definición de obxectivos a curto e medio prazo
· Avaliación de alternativas
· Plan de acción de mellora comercial
Inclúe sesións individuais cos establecementos:
-Opción A: Establecementos sen empregados
3 sesións individuais co propietario de hora e media de duración.
-Opción B: Establecementos con 2 ou máis empregados
2 sesións individuais co propietario de hora e media de duración e 2 sesións ao equipo de 2 horas de duración.
PROMOCIÓNS PARA AUMENTAR AS VENDAS (4 horas) o 9 e 10 de novembro
· A promoción de vendas na combinación de comunicación:
· Promoción de vendas, tipos e limitacións
· Promocións orientadas á proba
· Promocións orientadas ao uso
· Promoción retallista e displais
 Obradoiro para deseño de acción conxuntas (4 horas)
· Dinámica de creación de imaxe conxunta
· Animación conxunta en datas clave e festividades.
· Deseño de actividades de promoción conxunta
· Selección de actividades e plan de acción.
 ·  ESCAPARATISMO (8 horas)  os días 14, 15, 16 e 17 de novembro
· Funcións e obxectivos do escaparate
· Elementos do escaparate
· Color
·Materiais aplicados ao escaparatismo
· A iluminación no escaparate
· Metodología para o proxecto de escaparatismo
·     ACHEGAMENTO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS (6 horas) os días 28, 29 e 30 novembro
O obxectivo é dar a coñecer as vantaxes e oportunidades que pode ofrecerlles o uso xeneralizado das novas tecnoloxías, para poder iniciar unha nova estratexia de traballo.
· Internet para comerciantes
· Uso de páxina web
· Email marketing
· Comercio electrónico
. Redes sociais
 · DESEÑO DE PROMOCIÓNS CONXUNTAS PARA HOSTALEIROS E COMERCIANTES
o 1 e 2 de decembro Inclúe unha acción formativa sobre promocións e un obradoiro para deseño de accións conxuntas.
O obradoiro plantexase como un lugar de encontro entre os comerciantes para a realización e debate de propostas de acción conxunta que abarcan tanto o deseño dunha imaxe común e fórmulas de animación e promoción en conxunto.
Información dos cursos:
Os cursos desenvolveranse en horario de 20.30 22.30  nas oficinas da Asociación de comercio, hostalería e servizos “O Cruceiro” (Antiga escola unitaria. Cmño Fonte do Campo s/n, baixo dereita dereita)
MÁIS INFORMACIÓN: 
Area Formación e Emprego 'Pancho Allegue'
Avda. do Concello s/n. 15500 Fene
Teléfono directo: 981 492 767
Fax: 981 492 776Prazas limitadas. Programa subvencionado pola Deputación da Coruña