A Biblioteca municipal festexa o samaín coa actuación "Non che teño medo"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

A Biblioteca municipal festexa o samaín coa actuación "Non che teño medo"

 “O conflicto entre o ben e o mal está sempre presente nos contos de terror infantís e axudan aos nenos a expresar as súas emocións e a vencer os seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida”.  
En “Non che teño medo”, Lisístrata conta historias tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus soños.
Lisístrata nace no ano 2011 para a promoción das artes escénicas e musicais, divulgar a literatura galega, tanto na escrita como oral, a figura feminina e as súas creacións nos seus diversos ámbitos
Actuación dirixida a nenos/as de 4 a 12 anos. Entrada libre ata completar aforo. Rede Cultural da Deputación da Coruña.