CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Visitas guiadas a exposición "O Humor do País" de Luís Davila
27-10-2016
Para solicitar unha visita guiada á exposición “O humor do país” cómpre enviar un correo electrónico ao enderezo museodohumor@gmail.com ou chamar ao teléfono 981 342 400 en horario de mañá.“O humor do país” recolle unha selección de viñetas do humorista gráfico Luís Davila, alcumado “O bichero”. A mostra inclúe corenta e cinco paneis con perto de 200 tiras cómicas, 30 orixinais e diversas figuras a grande formato, coa popular Dora A Desbrozadora como protagonista.
As viñetas están organizadas temáticamente (cuchipandas, o tempo, o viño, a morte, deportes, o mar, bicherío, etc) e nelas, personaxes como Dora, Tucho, Marselino, Chelo, Sinda ou Palmira, recrean a maneira de ser, de sentir e de vivir dos galegos e das galegas. Ademais amósanse ao redor de trinta orixinais -a lapiz e tinta- e a colección completa de libros de O bichero.
Horario de visitas da exposición é de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. Domingos e festivos, pechado.