O Concello de Fene homenaxea hoxe venres aos/ás deportistas dos clubs feneses

CONCELLERÍA DE DEPORTES

O Concello de Fene homenaxea hoxe venres aos/ás deportistas dos clubs feneses

O acto, organizado pola Concellería de Deportes, comezará ás 20 horas e contará coa presenza de deportistas dos clubs Artes Marciais Fene, Club-Escola Ximnasia Artística Ferrolterra, Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene e Cultural Maniños. Tamén asistirá a fenesa Noelia Cob Álvaro que ven de participar coa Selección Española no Campionato Europeo de Patinaxe Freestyle.