Recepción municipal aos/ás mellores deportistas dos clubs feneses na tempada 2015/2016

CONCELLERÍA DE DEPORTES

Recepción municipal aos/ás mellores deportistas dos clubs feneses na tempada 2015/2016

A homenaxe, organizada pola Concellería de Deportes, tiña como obxectivo salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o recoñecemento da Corporación Municipal de Fene pola calidade dos seus deportistas que conseguiron nos últimos meses magníficos resultados, tanto a nivel individual coma por equipos, en disciplinas coma o kárate, a ximnasia artística, a ximnasia rítmica, o patinaxe freestyle e o fútbol.
 
O acto contou coa presenza de deportistas dos clubs Artes Marciais Fene, Club-Escola Ximnasia Artística Ferrolterra, Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene e Cultural Maniños. Tamén asistiu a fenesa Noelia Cob Álvaro que ven de participar coa Selección Española no Campionato Europeo de Patinaxe Freestyle.
 
 
En representación da Corporación Municipal de Fene, participaron no acto o alcalde, Juventino Trigo, o concelleiro de Deportes, Justo Ardá, e os/as tamén concelleiros/as Sandra Permuy, Mariela Aguilar, Mari Carmen Martínez, Gumersino Galego, Ana Novo e Juana Barro.
Os deportistas homenaxeados foron:
Club Artes Marciais Fene
Na categoría Alevín:
- Icía Castro Tomé – subcampiona galega en Kata Individual e subcampiona galega de Kata por equipos. Icaía leva dous anos participando coa Selección Galega de Karate no campionato de España.
- Andrea Sánchez Maceiras - subcampiona galega de Kata por equipos.
- Aimar Iglesias Bañobre - subcampion galego de Kata por equipos.
Na categoría Infantil:
- Ariadna Castro Tomé – bronce galego en Kata individual e bronce galego en Kata por equipos
- Paula Picos Varela - bronce galego en Kata por equipos
- Josu Arnoso Cruz - bronce galego en Kata por equipos
Adestradores do Club Artes Marciais Fene: Juan Manuel Ríos Gómez e Alfredo Martínez Rodríguez.
Club Escola Ximnasia Ferrolterra
Na categoría Promogym1:
- Andrea Martín Iglesias: Campiona Galega na Xeral dos catro aparatos. Ouro en salto, ouro en paralelas, bronce en barra e prata en chan.
- Noa Martínez Sanmartín: prata salto
 Na categoría Promogym 2:
- Tatiana López Rivas: Campiona Galega na Xeral dos catro aparatos. Ouro en barra, prata en asimétricas e bronce en chan.
- Cintia Fernández Sanmartín: Bornce na clasificación Xeral dos catro aparatos. Ouro en paralelas.
- Thyesha Vicente Humphries: Ouro en Salto e Chan.
- Paula Parada Rodríguez: bronce en paralelas.
- Alba Iglesias Gómez : prata en barra.
- Judith Lago Varela: prata en chan.
- Ainhoa Tenreiro Mosquera 2º clasificada por equipos-
 
Na categoría Inigym 1:
- Alba González Gorgullo: campiona galela na clasificación Xeral dos catro aparatos. Ouro en salto, prata en paralelas, prata en chan. 2º clasificada por equipos.
- Naila Prieto Casal: 2º clasificada por equipos
- Irene Sequeiro Lorenzo: 2º clasificada por equipos
- Helena Mandaradoni Yáñez: 3º Clasificada por equipos
- Lola Cainzos Díaz: 3º Clasificada por equipos
- Icía Arroyo Alvárez: 3º Clasificada por equipos
 
No Campeonato Galego Ximnasia Artística Femenina Escolar
  Categoría Escolar 1: Candela Couce Ferreiro bronce en chan.
Categoría Escolar 2: Sofía González Valiente bronce en barra
Categoría Escolar 3: Sara Ansede Fandiño prata en asimétricas.
Categoría Escolar 4:
- Jessica Criado Guinaldo. Ouro en asimétricas
- Mara Iglesias Gómez plata en suelo. ( es el mismo número que Alba Iglesias Gómez nombrada antes en la categoría de Promogym 2).
 
No Campeonato Galego Escolar de Trampolín:
 - Jorge Jérez López: Ouro en Minitramp e Dobleminitramp e prata en tumbling.
- Laura Primoy Pena: prata en Minitramp e bronce en tumbling.
Adestradoras do Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra : Olalla Sas Cruz e Carmen Carballeira Caeiro
Presidenta: Juncal Martín Pérez.
Ximnasia Rítmica
As compoñentes do equipo senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene acadaron nesta última tempada o primeiro posto no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica que se celebrou na Coruña a mediados do pasado mes de maio.
Baixo a dirección de Anaís Freire, as ximnastas fenesas María López, Nerea Pena, Paula Pardo, Iria Cazás e Iria Hermida, proclamáronse campionas por un exercizo de cintas e aros polo que xa gañaran a fase provincial do campionato.
Patinaxe Freestyle
Fene estivo presente este ano no Campionato Europeo de Patinaxe Freestyle, grazas a unha xove deportista fenesa chamada Noelia Cob Álvaro
Con tan só 15 anos, Noelia leva unha carreira meteórica no mundo do Freestyle. Comezou a patinar hai dous anos na escola “Sobre rodas” pero leva tan só un ano practicando a modalidade de salto.
Nese tempo, Noelia Cob acadou a medalla de ouro en salto (categoría xuvenil feminina) na 2ª etapa da Copa de España, que se celebrou en Vigo en xuño pasado, e a medalla de ouro no Campionato de España de Freestyle que se celebrou en Madrid e no que tomaron parte ao redor de 150 patinadores/as de distintos puntos da xeografía española.
Máis recentemente, formando parte da Selección Española, Noelia acadou un meritorio 6º posto no Campionato Europeo de Freestyle, celebrado en Ciudad Real.
Adestradores: Noemí Naya Sousa e Jose Santiago Blanco
Fútbol
O Concello de Fene quixo tamén homenaxear ao Cultural Maniños polos brillantes resultados acadados na tempada 2015/2016. Unha tempada na que o club fenés se proclamou Campión de Liga na categoría 2ª Galicia (delegación de Ferrolterra) o que lle permitiu ascender á categoría 1ª Galicia, e na que un dos seus xogadores (Ignacio Marcos, alias “Pelé”) acadou o Premio ao Mellor Xogador da Liga 2015/2016. Tampouco podemos esquecer que o equipo feminino do Cultural Maniños foi subcampión de Liga na tempada pasada.
Do Cultural Maniños, salientar que é un club que se fundou no ano 1962 e que, ao longo da súa historia, gañou a Liga ata en 6 ocasións (a anterior a esta foi a do 97/98). A maiores, o Maniños ten no seu haber 5 copas e un título de Campión Galego Afeccionado.
Nesta última tempada. o club contou con 11 equipos e sumou ao redor de 160 licencias, amais de salientar por ser o único equipo de fútbol da comarca de Ferrolterra que ten a unha muller ao fronte como Presidenta.
Adestradores : Juan Carlos González López, alias “Charly” e Uxío Romero Rodeiro.
Presidenta: María Purificación Hermida Arosa.