Carlos Blanco abre hoxe venres o "Novembro mes do Humor"

CONCELLERÍA DE CULTURA

Carlos Blanco abre hoxe venres o "Novembro mes do Humor"

As entradas serán de balde aínda que para asistir ao espectáculo será preciso recoller previamente as invitacións (2 por persoa) o mesmo venres na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 16 horas. Por capacidade do salón de actos da Casa da Cultura de Fene, o aforo estará limitado a 120 persoas.
 
 
 
Carlos Blanco é autor de recoñecidos e celebrados monólogos humorísticos e director e co-autor do espectáculo “O país da comedia”. Tamén foi o creador de múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, “Humor Neghro”(en colaboración co músico guineense Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (en colaboración co músico Budiño) ou Menú do Día e Menu da noite, actualmente en cartel e batendo recordos de asistencia de público en Galicia, un espectáculo feito en colaboración co debuxante Luis Davila.
Como actor, ten traballado en filmes como “Heroina” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “Cargo” de Clive Gordon. Tamén tivo un pequeno papel en “VOLVER” de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos.
En Televisión, amais de participar en múltiples series, foi protagonista de “Una bala para el rey” dirixida por Pablo Barrera para Antena 3, e co-protagonizouu a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, amais de traballar noutras series como “Lobos”, “Os atlánticos”, “El comisario” ou “Hospital central”.
Premiado en múltiples festivais (Arjona, Alfas Del Pí, Cabra, Palencia, Girona…) polo seu traballo na curtametraxe Temporada 92/93 de Alejandro Marzoa. Tamén acadou un premio á mellor interpretación masculina no Festival de Cans (O Porriño) polo seu traballo na curta “Mal de Sangre” de Pedro Diaz e un Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario por “Heroina”, de Gerardo Herrero.
Trala actuación de Carlos Blanco este venres, o ciclo “Novembro Mes do Humor” continuará o vindeiro venres, 11 de novembro, coa actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira.
Colabora: Deputación Provincial (Rede Cultural)