Miriam Ferradàns obtén a XXIX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Perez Parallé

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Miriam Ferradàns obtén a XXIX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Perez Parallé

A autora, nada en Bueu, é Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo. Na actualidade desenvolve traballos relacionados co ensino secundarioEn 2012 gañou o 3º premio do Premio Xuventude Crea co poema “Novecomaoito”. A partir de aí, segundo di, “comezo a tomar conciencia da escrita como un exercicio de reflexión”.En 2013 obtén o 1º premio Rosalía de Castro de Cornellá con “Decibel”. Volve obter o mesmo premio en 2014 con “Ruído”.Recentemente, obtivo o 2016 gañei o premio Francisco Añón de poesía coa obra Deshabitar unha casa. Tamén obtivo o 3º premio de poesía do concello de Ames cun poema sen título.Participou no libro colectivo 6 poemas 6, Homenaxe a Federico García Lorca. 
O Xurado deste ano observou como un valor do libro gañador o fío narrativo que conduce a quen le ao longo de todas as páxinas. O conxunto, escrito cun estilo limpo e cunha clara vontade de construción dunha voz propia, goza dunha forte unidade e solidez. 
Asemade, o Xurado quixo deixar constancia da súa homenaxe ao poeta Francisco Cortegoso, gañador do Premio Pérez Parallé en 2013 e recentemente falecido. 
Fixeron parte deste xurado: Lara Dopazo: escritora galega, nada en Marín en 1985 obtivo en 2008 o GZ-Crea por "Dende Illa Peixe" e, en 2015, o Francisco Añón do Concello de Outes con Ovella e, o mesmo ano, o premio Nortear de narrativa para mozos de Galiza e Norte de Portugal pola obra “Clementina”. É licenciada en xornalismo. 
Paco Souto: poeta coruñés, membro activo da xeración dos 90, ten publicada unha xa importante obra poética na que destacan As árvore do incesto (Premio Espiral Maior 1995), Fado ou As horas de María (premio Johan Carballeira en 2006) así como o recente e Caín. Formou parte do consello editorial de Letras de Cal e, actualmente, coordina o premio de poesía erótica Illas Sisargas e a colección de poesía Caldeirón. 
Eduard Velasco: é o gañador da edición de 2014 do Premio Pérez Parallé co libro Ruído de trens. Nado en Barcelona, é licenciado en filoloxía galega e catalana pola Universitat de Barcelona, actualmente fai parte da librería especializada en poesía e da editora Chan da Pólvora.