Actívate!

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Actívate!

O programa Actíva-te! subvencionado pola Deputación da  Coruña, consta dunha liña de actividades de formación dirixidas ás empresas do municipio e outra a persoas desempregadas.
Ao longo do mes de novembro e decembro levaranse a cabo varias actividades de formación en grupo e individuais dirixidas a empresas:
- Autodeseño de plans de mellora comercial
-Escaparatismo
-Promocións para aumentar as vendas
-Obradoiros de promocións conxuntas
-Novas tecnoloxías
No referente a persoas desempregadas os cursos serán os seguintes:
-Redes sociais para a busca de emprego
-Manipulador de alimentos
-Motivación para o emprendemento
Este programa tamén inclúe sesións individualizadas a empresas dirixidas a mellorar a productividade dos establecementos. O horario destas sesións será a convir co/a usuario/a.
As sesións levaranse a cabo nas instalacións da asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene “O Cruceiro” e nas aulas de Cursos e Informática do Concello.
As persoas interesadas poderán inscribirse de forma presencial nas oficinas de desenvolvemento local ou por correo no desenvolvemento.local@fene.gal, achegando a ficha de inscricción cuberta.
Máis información:
Area de formación “Pancho Allegue”
Avd do Concello s/n
Teléfono 981 492 767
www.fenecidadan.gal