Cine e saúde volve ás aulas para fomentar a prevención da drogodependencia e a saúde

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

Cine e saúde volve ás aulas para fomentar a prevención da drogodependencia e a saúde

Consideramos que a intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezan patróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. que é asumido polos centros escolares ó que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado.A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema; mediante a proxección dunha película se vai profundizando e traballando en diferentes temas de interes relacionados coa prevención do consumo de drogas.
O programa vai dirixido á poboación escolar de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, ao profesorado que imparten clases nestes niveis como axentes executores do mesmo e ás familias que mediante as Anpas teñen a posibilidade de organizar sesións para traballar os contidos da pelicula e con esa información desenvolver hábilidades educativas que provocaran un efecto multiplicador na promoción da saúde.
En liñas xerais consta de:
  • Visionado da película no centro escolar
  • Entrega das Unidades Didácticas, dirixidas ao alumnado (Caderno do Alumnado) e outras ao profesorado (Manual do Profesorado), para traballar na aula. Cada Unidade Didáctica desenvolve unha serie de explicacións que, dirixidas polo profesorado, permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e consta dunha serie de exercicios e actividades que facilitan a reflexión e participación do alumnado.
  • Por último, ofertase un curso de formación do profesorado en Prevención de Drogodependencias a través dunha Plataforma de Teleformación en Internet dirixido a todos aqueles profesionais do ensino que estean interesados en ampliar os seus coñecementos no campo da prevención escolar.
Con este programa trabállanse diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas e promoción da saúde.
Actividade da Área de Benestar Social, Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública.