Axudas ás familias para a festividade de reis

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Axudas ás familias para a festividade de reis

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos e que cumpran os requisitos de acceso ao programa aquí establecidos, para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis para os seus fillos e/ou as súas fillas que, estando en convivencia cos e coas solicitantes, sexan menores de 15 anos (con 14 anos cumpridos) ou ben sexan maiores desa idade e ate os 18 anos sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía.
As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello, no prazo de 10 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios (mochilas, mochilas deportivas, etc.) que correspondan coa idade do ou da menor a quen vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2017.
Con carácter xeral poderase xustificar a subvención con gasto relativo á adquisición de roupa, calzado ou material deportivo (roupa deportiva, calzado deportivo, botas, etc.) sempre que o importe total do gasto realizado non supere o 75% da axuda concedida.
Non obstante, no caso das persoas que foran beneficiarias de axudas para a adquisición de vestiario básico (roupa e calzado) ó abeiro da Ordenanza municipal reguladora das axudas económicas para a atención de necesidades sociais ou foran beneficiarias de axudas (para adquisición de vestiario básico) doutros organismos públicos no decurso do último trimestre do ano 2016, Únicamente poderán destinar a subvención (dentro do límite porcentual antes definido, é dicir o 75%) á adquisición de material deportivo (roupa deportiva, calzado deportivo, botas, etc.).