Imaxes con Fondo no IES de Fene

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Imaxes con Fondo no IES de Fene

Como actividade complementaria á exposición, hoxe venres desenvolvese un Obradoiro de Fotografía Social impartido polo fotógrafo Felipe Carnotto e dirixido ao alumnado do IES de Fene. Nunha primeira parte falarase da fotografía social no seu traballo e noutros traballos, a importancia da historia e a testemuña directa. A segunda parte repartirase en dous bloques: Analizar a fotografía técnicamente e os aspectos da cámara (diafragma, obturación, ISO, etc)
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 88 concellos, entre o que se atopa o Concello de Fene, e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.