CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Contos pola igualdade-Somos iguais
21-11-2016
Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS, e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS.Ata fai moi pouco tempo, os contos infantís reflexaban un mundo onde os mozos eran sempre heroes que salvaban a unha débil princesa, e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respeto e convivencia entre nenos e nenas entre mulleres e homes.
É importante educar ás novas xeracións no bo trato, no respecto e no coidado entre as persoas independientemente do seu sexo.
Deste xeito continúa a programación de actividades en prol da Igualdade e contra a Violencia machista que a Concellaría ten previstas neste mes e que comezaron coa campaña de sensibilización a cidadanía na segunda quincena de novembro, por mor da conmemoración do día 25N: "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres". Campaña a que se sumaron prácticamente a totalidade de establecementos feneses coa colocación dunha pegatina identificativa: "Fene Contra a Violencia Machista", e que foi iniciada coa colocación dunha pancarta de condea no cruce de Fene e na portada da páxina web municipal.
Máis Información: Centro Municipal de Servizos Sociais.
Av. Do Mar, Bloque 1-Baixo. San Valentín.
Tf.: 981 342607 e 981 492706