Obradoiro de recuperación da memoria

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Obradoiro de recuperación da memoria

O concello de Fene dende a Área de Benestar e Igualdade, desenvolve o proxecto de “Envellecemento Activo e Participación Social”, no que se enmarca o programa de Tardes Activas, subvencionado pola Deputación da Coruña.
 Este obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así  poder adaptar as actividades as súas necesidades.
As actividades están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención así como retrasar a incidencia de demencia e deterioro cognitivo.
O grupo de apoio para familias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
 Este xoves falaremos dos posibles recursos que nos ofrece a Lei de Dependencia e o sector privado para apoio ao coidador e cal sería mellor en cada momento. Ao tempo que se reflexionará en cómo organizarán o  tempo de ocio e con qué rede de apoio contan para levalo a cabo.
 
O  GRUPO DE APOIO A FAMILIAS  está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades terá lugar no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
ACTIVIDADE GRATUÍTA 
Para calquera información dirixirse a: 
CENTRO MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín 
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal