CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Fene enche as rúas de "Pintadas pola igualdade e contra a violencia machista"
28-11-2016
Alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP Centieiras, CEIP O Ramo, CEIP Os Casais, CPI A Xunqueira e a Escola Infantil Galiña Azul pintará frases e símbolos contra a violencia machista e reivindicando a igualdade nos pasos de cebra de varias rúas do casco urbano de Fene. En concreto na avenida do Concello, na avenida do Tarrío, na rúa San Salvador e na avenida do Mar, en San Valentín.Tamén se decorarán os muros dos centros escolares de Barallobre, Maniños, e a parede da rúa Hortelá co obxecto de visibilizar e facer reflexionar á cidadanía sobre as consecuencias das desigualdades, na procura dun compromiso social coa realidade de que "o machismo mata".
Programa e lugares:
- 9:30 h: CPI A Xunqueira na Av. Do Mar de San Valentín
- 10:45 h: CEIP Centieiras na Av. Do Concello, Av. Do Tarrío, Rúa San Salvador
- 12:45 h: CEIP O Ramo e CEIP Os Casais nos muros dos seus respectivos centros escolares en Barallobre e Maniños.
- Escola Infantil Galiña Azul: Entre o luns e o martes, contando co persoal docente, as crianzas e ás familias, procederán á pintada do muro exterior na Rúa Hortelá.
- 14:00 h: Concelleiras do grupo de goberno municipal, xunto con traballadoras dos Servizos Sociais pecharán o acto coa pintada do paso de cebra que da acceso ao Centro Municipal de Servizos Sociais ubicado en San Valentín.