CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Programa de recollida de aceite
29-11-2016
Localizacións que se suman ás xa instaladas, quedando así en 19 puntos os lugares dispoñíbeis para o reciclado de aceite doméstico usado;1- PARROQUIA DE MAGALOFES, S/N - ISLA ESCOLA O PEDRON
2- PARROQUIA DE SILLOBRE, C/ MESTRE LOIS RODRIGUEZ CALVO
3- PARROQUIA DE FENE, AVDA. MARQUES DE FIGUEROA, Nº 18 - ISLA DE SUPER FROIZ
4- PARROQUIA DE PERLIO, PRAZA DO PERLA, C/ DE SAN SALVADOR ( CTRA. FENE A MURGARDOS )
5- PARROQUIA DE PERLIO , C/ RIO CADAVO, ISLA DE CONTENEDORES ( DIAGONAL AL "BAR SUSO" ZONA DE AS CHANZAS)
6- PARROQUIA DE FENE, AVDA. NATURAIS, Nº 8-10, FRONTE A CAIXA NOVA
7- RUA DO CONCELLO, S/N
8- PARROQUIA DE PERLIO, AVDA. TARRIO, Nº 8
9- RUA DA FONTE, S/N
10- PARROQUIA DE FENE, RUA ALCALDE GERARDO DIAZ, Nº 28
11- BARRIO DE SAN VALENTIN, ZONA DO BLOQUE Nº 16 FRENTE AO ECONOMATO DE ASTANO.
12- BARRIO SAN VALENTIN, AVDA. DEL MAR , ZONA SUPERMERCADO MERCADONA
13- CAMIÑO DE CASTIÑEIRO, RUA DO CASTRO, S/N
14- CTRA. AC-133, FRENTE AO Nº 74
15 -PARROQUIA DE BARALLOBRE, RUA DE SANTIAGO Nº 77-75
16- PARROQUIA DE MANIÑOS, CTRA. DE PALMA Nº 136
17- PARROQUIA DE MANIÑOS, CTRA. DA PALMA, Nº 225
18- PARROQUIA DE LIMODRE, CAMIÑO GRANDE, CONTRUCION VECIÑAL DE LIMODRE19- PARROQUIA DE FENE, AVENIDA CONCES, Nº 49
Dende a Concellería de Medio Ambiente animan á veciñanza a participar no reciclado do aceite doméstico usado (sempre aceites de orixe animal ou vexetal, nunca aceites de orixe mineral como o aceite dos coches).
Reciclar o aceite é moi sinxelo, soamente temos que deixar enfriar o aceite usado da cociña, depositalo nunha botella de plástico e achegarnos a un dos 19 colectores instalados no noso concello. Con esta acción estaremos:
- Reducindo a contaminación da auga, xa que un só litro de aceite usado contamina 1000 litros de auga
- Reducindo os custos de depuración de auga e o mantemento de tubaxes. Verter aceites polas tubaxes as deteriora ata a súa inutilidade.
- Reciclando. O aceite recollido convírtese en biodiésel, combustible con menos emisións contaminantes
- Reducindo a probabilidade de proliferación de organismos prexudiciais para a saúde e malos cheiros.