O Museo do Humor colabora coa exposición "BDG70" que se amosa na sala "Normal" da Coruña

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Museo do Humor colabora coa exposición "BDG70" que se amosa na sala "Normal" da Coruña

A mostra, dirixida polo debuxante Manel Cráneo e producida pola empresa Demo Editorial, é froito da investigación realizada en 2015 por Xulio Carballo (comisario da exposición) para a súa tese de doutoramento sobre a banda deseñada galega. O Concello de Fene facilitou o traslado e empréstito das obras de Marín, Chichi Campos e Xosé Díaz para o devandito proxecto no que tamén colaboraron institucións como a Real Academia Galega, o Museo Carlos Maside ou a Biblioteca e o Arquivo de Galicia. “BDG70: a revolta do cómic galego” quere pór de relevo “a grande cantidade de artistas que, aínda en período ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a través dun medio aínda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente o visitante, que con certeza vai poder mergullarse na historia política e social dos anos setenta por medio da novena arte”.
A exposicion ten unha clara vocacion tanto estetica como didactica e divulgativa, ao combinar o espertar creativo respecto da Banda Desenada de diversos colectivos e autores que marcaron un punto de inflexion na concepcion artistica do momento, cunha fonda carga social, reivindicativa e cultural, coa que se pretende aportar unha clarificadora vision do tardofranquismo e da transicion, asi como da necesidade de xustiza social que estes novos creadores demandaban.
BDG70 ten como obxectivo recoller e amosar ao publico as obras e documentos mais importantes e caracteristicos do nacemento contemporaneo da banda desenada galega que tivo, precisamente, unha das suas primeiras manifestacions na sala “Normal” hai 43 anos. A mostra inclúe 115 pezas, entre orixinais e reproduccións, de autores como Alberte Permuy, Antón Patiño, Fran Jaraba, Isaac Díaz Pardo, Luís Esperante, Miguelanxo Prado, Oitabén, Pepe Barro, Pepe Carreiro, Reimundo Patiño, Saavedra Pita, Xose Lois “Carrabouxo”, Xaquín Marín…
“BDG70: a revolta do cómic galego” amosarase ata o vindeiro 31 de decembro na “Normal” da Coruña. Horario de visitas: de luns a venres, de 11.00 a 21.30 horas. Sábados e domingos, pechada.