CONCELLLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
A consellería de Medio Ambiente finanza a redacción do proxecto "Adecuación ambiental, peonil e de seguridade do tramo urbano e das dotacións e entorno do río Cádavo en Fene-Perlío"
30-11-2016
O Concello de Fene, recibiu unha axuda para a asistencia técnica na elaboración dunha estratexia de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. O proxecto xurde pola necesidade de xestionar e planificar os efectos que o cambio climático provoca no territorio.
OBXECTIVOS: Elaboración dun documento de estratexias de sustentabilidade ambiental no entorno do Río Cádavo en Fene-Perlío, que inclúa medidas concretas de adaptación ao cambio climático na xestión e planificación pública municipal.
RESULTADOS: Redacción do proxecto construtivo “Adecuación ambiental, peoníl e de seguridade do tramo urbano e das dotacións e entorno do río Cádavo en Fene-Perlío”.
FINANCIACIÓN: O proxecto contou cunha axuda económica da Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. A axuda pública recibida é de 2.202,20 € equivalente ao 70% do gasto subvencionable.
OT 5. “Frear o cambio climático”
Proxecto cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.