Desmitificando o amor romántico

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Desmitificando o amor romántico

Hoxe xoves, 1 de decembro, póñense en marcha nos centros escolares de secundaria de Fene unha serie de obradoiros dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO baixo o título: “Desmitificando o Amor Romántico”. Con estos obradoiros pretendemos transmitir valores igualitarios e non discriminatorios por razón de sexo/xénero, co fin de reforzar unha educación baseada na non violencia, que potencie a tolerancia cero ante actitudes deste tipo e permita unha convivencia sen discriminacións por razón de xénero, así como a difusión dunha cultura da igualdade. En total, 16 grupos de mozas e mozos de 3º e 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do IES Fene, CPI A Xunqueira e CPR Jorge Juan.
Cada Obradoiro terá unha duración de 60 minutos, nos que as rapazas e rapaces asistentes irán recibindo información e compartindo vivencias de xeito que coñezan as realidades e vaian despexando dúbidas e cuestionando estereotipos e falsas crenzas. Pouco a pouco iranse desenvolvendo os contidos nun ambiente lúdico, participativo e libre de crítica.
O “amor romántico” funciona como unha sutil y eficaz ferramenta do patriarcado e do capitalismo que axuda a perpetuar as relacións de dominación e control sobre as mulleres. É importante ver que as mulleres son persoas enteiras e autónomas sen necesidade de medias laranxas, nin príncipes, nin mentiras que as forcen a abandonar a súa propia vida.
Reconstruíndo, tamén podemos darnos conta da diversidade que pode existir nas formas de amar e de como construír relacións de amor máis sans sempre baixo o consenso, o coidado, a confianza e o respecto cara a elas mesmas e cara aos demáis.
Máis información:
Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade
Servizos Sociais – Concello de Fene