Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Fene

CONCELLERÍA DE IGUALDE E BENESTAR

Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Fene

Despois dun duro e longo traballo de recollida de datos a través dos departamentos e áreas municipais, do persoal político, das entidades soiais, culturais, deportivas, dos centros de ensino e da cidadanía en xeral, a Concellería de Igualde presenta o resultado do traballo feito no noso municipio durante estos seis anos
O II Plan foi un documento moi ambicioso, polo que, aínda que foron moitas as medidas, actividades e obxectivos acadados, aínda quedou moito por facer.
O vindeiro ano, poñéremonos de novo en marcha cara a elaboración do III Plan de Igualdade Municipal, para o que seguiremos contando coa vontade de todos e todas, coa implicación política, a da cidadanía, as dos centros de ensino, centro de saúde, forzas de seguridade, entidades sociais, veciñais, culturais, deportivas... ao obxecto de acadar un concello máis comprometido coas políticas de igualdade e adoptando medidas que axuden a visibilizar, concienciar, sensibilizar e erradicar a violencia contra as mulleres.
Agradecemos a colaboración prestada para a elaboración desta avaliación esperando seguir contando con todas e todos de cara á elaboración do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Fene .
Máis información:
Servizo Muncipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade
Servizos Sociais - Concello de Fene