Anuncio nomeamento auxiliar administrativa interina

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Anuncio nomeamento auxiliar administrativa interina

Requíreselle a traballadora a que proceda a tomar posesión nun prazo máximo de cinco días hábiles debendo achegar, con carácter previo, a seguinte documentación:
Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten “a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de auxiliar administrativa”.
Declaración xurada de non estar incursa en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separada nin inhabilitada do servizo público.
Se no prazo indicado, non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión da praza de funcionaria interina, quedará sen efecto o nomeamento realizado”.