Infórmate...perde o medo

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Infórmate...perde o medo

Programa desenvolvido ao  abeiro do convenio de colaboración coa Asociación Socio-Educativa para a Educación (ASEDUC) coa finalidade de levar a cabo distintas actividades relacionadas coa promoción de actuacións sociais e de prevención de diversas problemáticas de índole social, médico e laboral, entre outras.  
Baixo o lema de Infórmate e perde  o medo, desenvolvéronse nos centros charlas informativas sobre esta temática, cara a divulgar hábitos de vida saúdables e de prevención. 
Durante as sesións traballaron os seguintes contidos, a través de exposicións, dinámicas e diversas actividades: 
- Que é o VIH.  - Que é a SIDA. -   Proceso de infección. - Epidemioloxía.      -Métodos de transmisión.- Métodos de prevención do VIH.      - Probas para detectar ou diagnosticar o VIH: proba rápida en fluído oral.      - Tratamento. - Estereotipos sobre o VIH / SIDA.      - Anticonceptivos e métodos de prevención do VIH (métodos de barreira: preservativos). 
Finalmente, durante a semana do 28 de novembro ao 2 de decembro o alumnado do CPI A Xunqueira, C Jorge Juan e IES de Fene con motivo do Día Mundial da Loita contra o SIDA, que se conmemora cada ano o día 1 de decembro, realizou unha actividade conxunta de sensibilización na que amosaron todo o aprendido. Esta actividade consistiu en colocar un panel nun dos pasillos dos centros para que o alumnado poidese escribir e debuxar contidos relacionados sobre o tema traballado. 
Para calquera información dirixirse : 
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAISAvda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San ValentínTeléfonos: 981.492.706 / 981 342607Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal