Nomeamento peóns funcionarios interinos
19-12-2016
Publicado o anuncio relativo aos nomeamentos como peóns funcionarios interinos.
Se nos prazos indicados, os aspirantes nomeados non presentan a documentación requirida, ou o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toman posesión da praza de funcionario interino, quedarán sen efecto os nomeamentos realizados.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Transcorrido un mes dende a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle teña notificado resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao de aquel no que se teña producido a súa desestimación por silencio administrativo.
Non obstante, poderase impugnar directamente a resolución ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa (artigo 123.1 da Lei 39/2015). A tal efecto, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, no prazo de dous meses, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.
Os prazos cóntanse a partir do día seguinte á publicación desta resolución na páxina web do concello.