Nomeamento traballadora social interina
20-12-2016
Publicada o decreto 1355/2016 do 20 de decembro de nomeamento traballadora social interina.
Requírese á traballadora que no prazo improrrogable de catro días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación da presente resolución na páxina web do concello, presente a seguinte documentación:
Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten “a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de traballadora social”.
Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
Se no prazo indicado a aspiranta non presenta a documentación requirida ou o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” non poderá ser contratada e pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar un suposto de forza maior.
O contrato a realizar é de eventual por acumulación de tarefas con data de finalización no 20.01.2017.