Convocatoria de acreditación de competencias profesionais
16-01-2017
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa sobre as convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral.
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do día 12 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais.
Requisitos:
- Nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta fa familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor.
- Ter feitos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de unidades de nivel II e III.
- Ter experiencia laboral e / ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, para as unidades de competencia de niveis II e III. Para as unidades de competencia de nivel I, xustificarán cando menos 2 anos cun mínmo de 1,200 horas traballadas en total.
- Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos, para as unidades de competencia de niveis II e III. Para as unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 200 horas.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
Máis información: Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.es