Proceso de recoñecemento das competencias profesionais aquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación

Proceso de recoñecemento das competencias profesionais aquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación

O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, informa sobre as novas convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral (DOG 19/01/2017).

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu a convocatoria de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral ou formación non formal, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Deste xeito convócanse prazas en unidades de competencias dirixidas a aqueles traballadores e traballadoras con experiencia laboral ou formación non formal nas seguintes cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, 253 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais, 356 prazas
  • Servizos para o control de pragas, 108 prazas
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais, 207 prazas
  • Socorrismo en instalacións acuáticas, 438 prazas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos, 50 prazas
  • Extinción de incendios e salvamento, 100 prazas
  • Tanatopraxia, 150 prazas
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio as continxencias no medio natural e rural, 70 prazas.

REQUISITOS

  1. Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor
  2. Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición
  3. Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial nin estar  realizando curso de formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  4. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.

PRAZO

  • Prazo de inscrición para as unidades de competencia de: atención sociosanitaria a persoas no domicilio /  atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais / servizos para o control de pragas / xestión de servizos para o control de organismos nocivos / socorrismo en espazos acuáticos naturais /socorrismo en instalacións acuáticas, etanatopraxiado 20 de xaneiro de 2017 a 18 de febreiro de 2017, ambos os dous días inclusive.
  • Prazo de inscrición para as unidades de competencia de:operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio no medio natural e rural, será desde 1 o 31de marzo 2017, ambos os dous días inclusive.

As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden ao respecto poden contactar co servizo no teléfono 981 492 767 ou a través da caixa de correo: orientacion.laboral@fene.es

Ligazóns