Bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar
07-02-2017
Publicada no BOP do 6 de febreiro a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar, mediante o sistema de concurso libre. Requisitos específicos desta convocatoria:
- Estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención socio-sanitaria a persoas no domicilio ou equivalente ou do título de formación profesional de grao medio de atención socio-sanitaria ou equivalente.
- Posuír carné B de conducir e dispoñibilidade de vehículo para desprazarse polo municipio.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo I das bases e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31.12.2020.