Anuncio referido ao proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a de praza de peón
07-02-2017
O Tribunal deste proceso selectivo en xuntanza de data 2 de febreiro de 2017, e a vista das puntuacións obtidas polos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo e toda vez que se detecta que varias persoas acadaron a mesma nota final (5) por tela obtido na fase da oposición, e consultada a base sétima das da convocatoria, se decide a realización dun sorteo para decidir en que lugar da taboa quedarían os/as que obtiveron esta mesma puntuación.
Contra estes acordos, actos de trámite cualificados que non poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes dende a súa publicación no taboleiro de edictos ou na páxina web do concello ante o tribunal de selección ou ante o alcalde do Concello de Fene -órgano competente para a súa resolución-. Transcorrido dito prazo sen terse interposto o recurso, os acordos serán firmes a tódolos efectos.
ACTUALIZACIÓN: Unha vez finalizado o proceso selectivo no relativo á lista de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, tendo en conta a acta do tribunal de selección do 03.02.2017 e de conformidade coa base oitava das bases de selección, publícase a lista de aspirantes.
Os aspirantes contidos na dita lista solo poderán ser nomeados cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
A lista de aspirantes terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.