Curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais

O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa que no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña vaise impartir o curso con certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos, AFDP0209, de 428 horas, 348 formación teórica e 80 de formación práctica.

Requisitos das persoas candidatas no momento da inscrición

  • Estar inscrita na Oficina de Emprego
  • Non estar dada de alta ou en activo en ningún réxime da seguridade social
  • Ter cumpridos os 18 anos de idade
  • Estar empadroado en algún dos concellos da provincia da Coruña
  • Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos par cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2 (estudos de ESO, 2º de BUP, ..)

Documentación a presentar

  • Formulario de candidatura, que se facilitará no servizo
  • Declaración de cumprimento dos requisitos, que se facilitará no servizo
  • Certificado ou Informe de saúde recente, emitido, asinado ou selado por facultativo con data non anterior ao 1 de febreiro de 2017, sobre o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático.

Prazo de inscrición: do 13 a 17 de febreiro ambos inclusive.

As solicitudes recolleranse e entregaranse:
Concello de Fene, Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue” – orientación laboral, Avda. do Concello s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal

Previsiblemente en outubro impartirase o curso de socorrismo en instalacións acuáticas, AFDP0109, de 378 horas, 298 horas formación teórica e 80 de formación práctica

Descargas