Bases reguladoras de axudas para o programa Galicia Exporta Empresas
09-03-2017
RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2017, do IGAPE publicada no Diario Oficial de Galicia, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.