Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de fenómenos Meteorolóxicos adversos para Galicia

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de fenómenos Meteorolóxicos adversos para Galicia

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos Meteorolóxicos adversos para Galicia.

  • Tipoloxía: Nevaradas
  • Nivel de alerta: LARANXA/AMARELO

Este aviso considérase válido ata a modificación no nivel de alerta.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, nos boletíns 29/71GAL e 100/71GAL emitidos o día 21 de marzo ás 23:11horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVARADAS para os días 22 e 23 de marzo, e que afectará a toda a comunidade.

O fenómeno comezará as 00:00 horas do día de 22 de marzo, afectando ás zonas de Montaña de Lugo e Montaña de Ourense, con acumulacións que poderán acadar máis de 15 cms en cotas elevadas, e ata 5 cms a partir dos 400 metros  (NIVEL AMARELO).  A partir das 12:00 horas, espéranse nevaradas con acumulacións de ata 2 cms en cotas superiores aos 300 metros en A Coruña (Noroeste, Leste  e Surleste),  a Mariña de Lugo, Ourense Miño e Pontevedra Rías Baixas e Miño, sendo este fenómeno de NIVEL AMARELO.

Mantense NIVEL LARANXA no sur de Ourense a partir das 8:00 horas,  na Coruña Interior, Lugo Centro, Noroeste de Ourense e Pontevedra Interior a partir das 12:00 horas, e Sur de Lugo a partir das 18:00 horas.  Nestas zonas  espérase unha acumulación de máis de 5 cms en cotas superiores aos 500 metros, e ata 4 cms en cotas superiores aos 300 metros.

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles, que,  en previsión destes feitos: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso alerten ou mobilicen  ós medios e recursos dispoñibles.

Ante calquera emerxencia chame ó 112.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: aemet.es do CAE 112: www.axega112.org e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Descargas