X Concurso de Tapas de Fene 2017

X Concurso de Tapas de Fene 2017

Coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, por décimo ano consecutivo o Concello de Fene organiza un Concurso de Tapas, para fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.

O concurso terá dúas modalidades de participación: tapa tradicional e tapa creativa.

Datas de celebración do concurso: Do 5 ao 28 de maio

Horario do concurso:

  • venres de 20:00 a 22:00 h.
  • sábados de 13:00 a 15:00 e de 20 a 22 h.
  • domingos de 13:00 a 15:00 horas.
Descargas