Publicada a lista definitiva de admitidos, excluídos e Tribunal do proceso selectivo de auxiliar de axuda a domicilio
17-04-2017
Resolución de aprobación das listas definitivas de admitidos e excluídos e do tribunal do proceso selectivo de auxiliar de axuda a domicilio.
Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contenciosoadministrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Transcorrido un mes dende a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle teña notificado resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contenciosoadministrativa, podendo interpoñerse o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado Contencioso administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao de aquel no que se teña producido a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto.
Non obstante, poderase impugnar directamente a resolución ante a orde xurisdicional contencioso administrativa (artigo 123.1 da Lei 39/2015). A tal efecto, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSOADMINISTRATIVO, no prazo de dous
meses, ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Ferrol, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.
Os prazos cóntanse a partir do día seguinte á publicación desta resolución no taboleiro de edictos e na páxina web do concello.