Nomeamento de auxiliar administrativa interina
27-04-2017
Nomeamento como funcionaria interina dunha praza do grupo: C; subgrupo: C2; escala: administración xeral; subescala: auxiliar administrativa para cubrir a vacante existente na unidade de censo e padrón do departamento de secretaría, posto 01.02.00.02 da RPT.
A funcionaria debe proceder a tomar posesión nun prazo máximo de cinco días hábiles.
Se no prazo indicado non toma posesión da praza de funcionaria interina, quedará sen efecto o nomeamento realizado.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.