O venres 5 de maio arrinca o X Concurso de Tapas de Fene

O venres 5 de maio arrinca o X Concurso de Tapas de Fene

O X concurso de tapas do Concello de Fene, celebrarase do 5 ao 28 de maio.

Un total de 20 establecementos de hostalería participarán nas dúas versións do concurso: tapa tradicional e tapa creativa. Serán os clientes os que xuzguen a súa calidade nas dúas categorías que contarán con tres trofeos cada unha.

A clientela que participe na consumición das tapas terá tamén os seu premios. Isto é, os que completen a Fenerruta participarán no seguinte sorteo:

Entre todos os votantes que selen correctamente a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:
Unha viaxe a Londres, Milán, Barcelona, Madrid ou Málaga (A.D.)
Inclúe:
Billetes de avión desde Santiago ou A Coruña (según destino) con compañía de baixo coste (inclúe so equipaxe de mán)
Estancia de 3 días (2 noites) para dúas persoas en hotel 3*/4* (según destino), en réxime de aloxamento e almorzo.
Premio por cortesía de Estrella Galicia.
Unha escapada rural consistente nunha estancia dunha noite para dúas persoas con almorzo incluído a elexir entre 280 hoteis rurais.
Premio por cortesía de Organiza Turismo Y Eventos
Seis meses no ximnasio Fitness Fene para unha persoa
Premio por cortesía de Fitness Fene.

Ademais todas as tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo dos premios:

Un pequeno electrodoméstico. Premio por cortesía de Electro Agro Fene.
Catro estuches de viño Glorioso  (Bodegas Palacio). Premios por cortesía de Exclusivas Rivas Suárez SL.
Catro estuches de productos de bodegas Barral. Premios por cortesía de Bodegas Barral.
Un mes de clase en calquera modalidade, na Escola de Música Bellón-Maceiras. Premio por cortesía de Escola de Música Bellón-Maceiras.
Dous libros de cociña. Premio por cortesía de Imprenta San Esteban.

Ven a Fene de Tapas!