O 25 de maio o salón de Plenos do Concello acollerá o encontro Networking&Negocios

O 25 de maio o salón de Plenos do Concello acollerá o encontro Networking&Negocios

A data límite para inscribirse é o 22 de maio

A asociación de Xóvenes empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal organiza o 25 de maio en colaboración co Concello de Fene e a asociación de comercio, hostaleria e servizos de Fene "O Cruceiro", un encontro NETWORKING&NEGOCIOS.

O encontro diríxese tanto a autónomos como a pequenas e medianas empresas que teñan interese en ampliar a súa rede de contactos profesionais. Neste fomentarase a participación de novas empresas.

As persoas participantes presentarán en  2 minutos o seu negocio, de tal forma que sirva como espazo para intercambiar información, xerar ideas, crear sinerxías ademais de ofrecer a posibilidade de crear novos contactos con persoas que se atopan na mesma situación.

O encontro permitirá

·         Incrementar o coñecemento EMPRESARIAL da comarca e as iniciativas que están a levar a cabo outras empresas.

·         Dar a coñecer de forma efectiva e directa a outros empresarios abertos a facer networking.

·         Ampliar a rede de contactos

Inscricións en aje@cofernet.com /  981333322