O 8 de xuño o salón de Plenos do Concello acollerá o encontro Networking&Negocios

O 8 de xuño o salón de Plenos do Concello acollerá o encontro Networking&Negocios

O 8 de xuño o salón de Plenos do Concello acollerá o encontro Networking&Negocios

Por motivos de organización e a petición de moitas empresas ,a data do NETWORKING pasa do día 25 de maio para o día 8 de xuño as 20:15h.

A nova data límite para inscribirse é o 5 de xuño.

A asociación de Xóvenes empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal organiza o 8 de xuño en colaboración co Concello de Fene e a asociación de comercio, hostaleria e servizos de Fene "O Cruceiro", un encontro NETWORKING&NEGOCIOS.


O encontro diríxese tanto a autónomos como a pequenas e medianas empresas que teñan interese en ampliar a súa rede de contactos profesionais. Neste fomentarase a participación de novas empresas.


As persoas participantes presentarán en  2 minutos o seu negocio, de tal forma que sirva como espazo para intercambiar información, xerar ideas, crear sinerxías ademais de ofrecer a posibilidade de crear novos contactos con persoas que se atopan na mesma situación.


O encontro permitirá

·         Incrementar o coñecemento EMPRESARIAL da comarca e as iniciativas que están a levar a cabo outras empresas.

·         Dar a coñecer de forma efectiva e directa a outros empresarios abertos a facer networking.

·         Ampliar a rede de contactos


Inscricións en  info@ajeferrolterra.org  co nome e apelidos da persoa que asiste e a empresa a que representa. Tfno:  981.33.33.22