O vindeiro sábado 17 de xuño celebrarase no Concello de Fene a segunda edición da Fashion Night
13-06-2017
Segunda edición da Fashion Night Concello de Fene
As rúas e prazas de Fene acollerán dende ás 18.00 h do sábado 17 de xuño desfiles onde se presentarán as novidades e propostas de moda para esta tempada, actuacións musicais, talleres e exhibicións de baile das escolas de Fene.
Xa dende as 11 da maña toda persoa interesada poderá participar nos talleres que terán lugar na praza verde; taller de Calceta, taller creativo de SCRAP e un taller de xogos de mesa antigos.
Durante toda a xornada máis de corenta establecementos ofrecerán aos seus clientes diferentes promocións e actividades: descontos, actividades lúdicas, sorteos, talleres, música en vivo, degustacións, pinchos, exposicións, ...
Para amenizar as compras, Lucus Neda percorrerá os locais e fará que os clientes pasen un momento divertido.
Con este evento organizado polo Concello de Fene coa colaboración da asociación de comercio, hostalería e servizos “ O Cruceiro” preténdese dinamizar e impulsar a economía do municipio.