Fene conta con máis efectivos no servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.
27-07-2017
Dende o 10 de xullo, o servizo de prevención, vixiancia e extinción de incendios forestais conta con 4 persoas contratadas na Brigada e 3 como condutores do vehículo motobomba, que se suman á persoa contratada dende o 16 de xuño para accións de tratamentos preventivos de xeito mecanizado.
A contratación faise efectiva por un período de tres meses e lévase a cabo grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Fene para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Os traballos preventivos incluídos no convenio serán cofinanciados polo FEADER nun 75%, 7,5% pola Administración xeral do Estado e nun 17,50% pola Xunta de Galicia. Estas labores de prevención enmárcanse dentro da medida 8.3 Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.