Minuto de silencio hoxe ás 12.00h e bandeiras a media hasta en sinal de do polos atentados de Cataluña
18-08-2017
O Concello de Fene únese ao rexeitamento común dos atentados en Cataluña e quere expresar a solidariedade da corporación e da veciñanza tanto coas vítimas como coas súas familias, ademais de trasladarlle ao pobo catalán todo o noso apoio neste difícil momento.
Na mesma liña que a FEMP, a FEGAMP e a meirande parte dos organismos públicos do Estado, desde o goberno local facemos un chamamento á cidadanía para que se sume ao minuto de silencio que gardaremos hoxe venres ás 12.00h. na Praza do Alcalde Ramón Souto González.
As bandeiras da Casa do Concello permanecerán a media hasta durante tres días en sinal de do.