Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil INICIA II

Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil INICIA II

Neste Obradoiro de Emprego tamén participan os Concellos de Ares, Cabanas, Mugardos e Neda.

O pasado venres deu comezo en Fene o Obradoiro de Emprego Inicia II do que o  Concello de Fene é o promotor


Inicia II enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

O Obradoiro está composto por unha directora, un docente da especialidade de Tubaxe industrial, unha docente de formación empresarial, unha docente de EXB e 15 alumnos/as traballadores/as, dos distintos Concellos participantes do proxecto.

A duración do proxecto é de seis meses e nese tempo o alumnado traballador terá que realizar entre outras as seguintes actuacións:

Elaboración de varandillas no acceso a San Valentín pola rúa Machuco, no Concello de Fene

Elaboración e reparación de varandas existentes en diversos lugares do Concello de Ares

 

 

Descargas
Noticias relacionadas