O alcalde de Fene apoia as demandas dos traballadores e traballadoras das auxiliares do sector naval
05-10-2017
Segundo as declaracións de Juventino Trigo, alcade de Fene, "O desemprego e a precaridade laboral son un mal que está moi presente no noso país e nesta comarca en particular.
O sector naval na ría é un dos principais sectores productivos que afectan especialmente a Fene. A pesar da caída da producción, do mantemento na práctica do veto á construcción naval civil en Navantia Fene e da falla real de compromiso de Navantia, a SEPI e o goberno do estado, o sector naval segue a ser un motor económico e de emprego importante na comarca.
As políticas de desrregulación laboral leva a que os traballadores/as das empresas auxiliares do sector naval na ría vexan moi empeoradas as súas condicións de traballo, que xa de partida son ciclicas e discontinuas no tempo.
Nesta situación o Alcalde de Fene, exprésalles todo os eu apoio nas súas lexítimas reivindicacións perante a convocatoria de folga convocada.
Os traballadores/as das empresas auxiliares do sector naval que traballan principalmente para Navantia teñen toda a lexitimidade e toda a razón en esixir unhas condicións de traballo dignas e contar cun marco de relacións laborais estable."
O Alcalde insta tanto á patronal do sector como á propia Navantia escoiten as lexítimas demandas dos traballadores/as e que non agudicen máis a penosidade e a perigosidade dun traballo altamente especializado e cíclico que debe ter un salario e unhas condición laborais dignas e pactadas.