O que se enchufa, recíclase
16-11-2017
Do 16 ao 21 deste mes, ubicarase unha carpa informativa na Praza do Ameneiral de Perlío
O Concello de Fene é un dos 38 concellos que participa na campaña ‘O que se enchufa, recíclase’. Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son “combater os efectos negativos do vertido incontrolado dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, especialmente os máis pequenos; eliminar as prácticas ilegais asociadas á súa xestión e informar á cidadanía sobre a importancia do correcto tratamento do refugallo mediante unha tripla acción: reparar, reutilizar e reciclar”.
A campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, está tamén nas redes sociais, a través de facebook.com/RAEEGALICIA e twitter.com/RAEE_GAL. Os cidadáns poden consultar os puntos de reciclaxe máis próximos aos seus domicilios tamén na web www.oqueseenchufareciclase.gal.
A iniciativa permitirá, segundo informou Mariela Aguilar como responsable de Medioambiente do Concello de Fene, que os establecementos de Fene que venden estes aparellos dispoñan duns colectores para botalos neles, así como concienciar a cidadanía da importancia sobre a importancia do correcto tratamento dos refugallos.
Non o esquezas, se se enchufa, leva pilas, ou batería, nalgún momento será un residuo que hai que reciclar!